O Centro Comercial Histórico organiza do 8 ó 10 de Agosto na Sala multiusos do Concello de Viveiro a XI Feira de Stocks.

XI FEIRA DE STOCKS

A novidade deste ano é o cambio de ubicación, que pasa a ser na Sala Multiusos do Concello, na Praza Maior. Un emplazamento céntrico e accesible.  

Serán un total de 8 expositores  adicados á venda de moda de muller, nenos, xuvenil, complementos, calzado, xoiería e bisutería.

Os comercios participantes na feira son: Versus, Complementos Sulian, Cocolatte, Oscar Joyeros, F&M, Cobelinha, Van Surf e Van Surf Sneakers.

Unha amplia variedade de artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.

O xoves 8 ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da Feira que estará aberta ata as 21:30h. O horario do venres 9 e sabado 10 será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 h.

O éxito das pasadas edicións, lévanos a organizar un ano mais esta Feira, que conta ca colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Concello de Viveiro.