Ofertas Flash
O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña “Ofertas Flash” e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local.
A campaña que comezou o xoves 10 de novembro, consiste en realizar ofertas semanais nos 16 locais participantes.
Durante o mes de novembro, cada semana os negocios realizarán ofertas en determinados artigos, marcas, seccións, servizos, etc. Dezaseis negocios de distintos sectores súmanse a esta campaña, participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, xogueterías e perruquerías, creando unha oferta de artigos do mais variado.
Os locais participantes están identificados con carteis en forma de estrela nos que indican a Oferta Flash da semana. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar das promocións. Cada semana as ofertas irán cambiando.
Nesta primeira semana poderemos aproveitar as seguinte ofertas:
IGLESIAS MUEBLES | Liquidación Stock colchones 150*190 |
CONFECC. JUSTO VAZQUEZ | -20% en Parkas Señora |
MIMIMÓ MODA INFANTIL | -15% en Badum Badero, Ido e Desigual |
COMPLEMENTOS SULIAN | -15% en Bolsos Guess e Plumas Bosideng |
MISSTIC | -15% en Foulares, Lencería e Calcetins |
BMD | -20% en Selección de prendas de punto |
ALBO ZAPATERÍAS | -20% en POPA |
CALZADOS ALBO | -20% en mtng. |
55 SNEAKERS | -20% en HOKA |
NACAR | -20% en Corsetería |
REGAL PORTA DA VILA | -25% en Selección de Xoiería Ardentia |
VAN SURF | -15% en Tablas e Skates completos |
VAN SURF SNEAKERS | -15% en Kappa |
PELUQUERÍA RICHARD XFAVOR | -20% en Ecozen e Productos KUMI |
PLATAX | -20% en Xoiería e Reloxería |
JUGUETERÍA SANTIAGO | -5€ en compras superiores a 25€ e -15€ en máis de 50€ |
O obxetivo perseguido con esta actividade de dinamización comercial é revitalizar as ventas no comercio local durante o mes de novembro, dar ós clientes unha boa alternativa con ofertas moi tentadoras, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
Mercar no comercio de proximidade axuda a construír comunidade, dar vida á vila, contribúe a un entorno mais sostible e a unha experiencia de compra mais personalizada, iso é o que intentamos transmitir ós clientes.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.
É moi importante lembrar que ata o 31 de decembro se poden canxear os Bonos Activa comercio, e que tamén está en funcionamento a campaña de Dias Azuis do comercio galego, na que simplemente por subir unha foto do ticket da compra a www.diasazuis.com se opta ó sorteo de tarxetas regalo de 150 e 250€.