É requisito para participar no sorteo a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira. – Participantes

Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.

No caso de menores de idade, poderán participar enviando unha autorización dos pais ou titores legais ó mail info@viveirocentro.com

Segunda. – Descrición da campaña

  • En colaboración co Concello de Viveiro ponse en marcha un sorteo dentro das actividades da campaña Superarte.
  • Consistirá nun Sorteo en Redes Sociais de 300€ en vales de compra do CCHV
  • Repartidos en 6 premios de 50€ cada un.
  • A canxear ata o 31/12/22 en calquera dos negocios asociados ó CCHV.  

Terceira. – Como Participar

  • Do 18 ó 22 de Outubro instalaranse 2 Photocall en distintos puntos da área urbana de Viveiro.
  • Só terás que sacar unha foto nalgún dos photocall e subila ás redes sociais etiquetando a @viveirocentro e @concellodeviveiro co hastag #comercioinclusivo
  • As publicacións poderán ser tanto no Facebook como no Instagram.. intentando que sexan o mais divertidas posible.

Cuarta. – Sorteo

– O sorteo realizarase o luns 24 de outubro, mediante un programa aleatorio, entre tódalas fotos subidas e que cumpran os requisitos.

– As fotos poderanse subir ata o domingo 23 de outubro ás 00:00.

– Publicaranse os gañadores nas redes sociais do CCHV e enviarase unha mensaxe privada ós mesmos indicando como proceder para a recollida dos premios.

Quinta. – Utilización publicitaria do nome dos gañadores e Protección de datos.

O CCHV no momento de outorgar ós gañadores o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

SuperArte "Por un Comercio Inclusivo"