O Centro Comercial Histórico organiza do 23 ó 25 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela a IX Feira de Stocks.

Serán un total de 11 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, complementos, deportes, zapatos, xoiería, bisutería,  mobles e decoración.

Os comercios participantes na feira son: Iglesias Muebles, Versus, Complementos Sulian, Raquel Seijido, Cocolatte, Oscar Joyeros, kerale Moda, Oxígeno Surf, Mimimó Moda infantil, Van Surf e Van Surf Sneakers.

Unha amplia variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.

O martes día 23 ás 11:00 horas terá lugar a inauguración da Feira ca asistencia de representantes da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro.  

O éxito das pasadas edicións, e grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia e da colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks.

O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 h durante os tres dias.

9ª Feira de Stocks! Do 23 ó 25 de Agosto