O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 3 e o sábado 4 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 46 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado. 

Os locais participantes son:

Óptica Rosario

– Deportes Don Balón

– Confecciones Justo Vázquez

– Baühaüs

– Muebles Iglesias

– Irimia Paquetería

– Muebles Sampe

– Baamonde Style – BMD

– Complementos Sulian

– Calzados Vogue 

– Madrás

– Esprit 

– La Óptica Viveiro

– Lencería Canela 

– Van Surf Sneakers 

– Peluquería Richard XFavor

– Van Surf Shop

– Carnicería Mariño

– Bolboreta Mercería

– Paquetería Mónica

– Peluquería Raquel Gonzalez

– Tejidos Rogelio

– Óptica Casariego

– Joyería Paleo

– Rockids

– Raquel Seijido  

– Tacones

– Versus

– Nacar

– Estanco Casanova

– Podium Sport

– Moviltom

– Calzados Albo

– Kandela Iluminación  

– Albo Zapaterías

– Cerámica Regal  

– Albo 55 Sneakers

– Mimimó  

– Piti Deportes

– Oxígeno Surf

– Miss-tic

– Fontana  

– Kerale Moda

– Kalea Platería

– Oscar Rodríguez Joyeros

– Cocolatte

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. 

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.