A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos, baixo o lema “O comercio local é un regalo para a vida da nosa vila”

Decoración de rúas, ambientación musical, concursos, Sorteos e mais de 5.000€ en premios… este ano serán 4 os soldos de 1.200€ sorteados!!! Ós que se suman os premios do concurso de fachadas e escaparates.

NADAL 2023

Este ano seguimos apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartimos  mais de 120 árbores de luces leds que estarán colocados nas entradas dos comercios e decoramos os escaparates de tódolos negocios asociados cun lazo de vinilo vermello semellando o envoltorio dun agasallo. A idea é transmitir que o mellor agasallo deste Nadal é mercar no comercio local, o comercio de proximidade.

A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.

Instalouse a árbore de luces xigante nos Xardíns Noriega Varela (zona Templete da Música). Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionouse o valado exterior da mesma con publicidade de tódolos negocios asociados ó CCHV, que son os que fan posible que esta árbore luzca na entrada ó casco histórico de Viveiro.

Tamén se instalará nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casita de Papá Noel”, que funcionará en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 24 de decembro. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila  para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita.  E nas vindeiras semanas farán o propio tamén cas cartas para os Reis Magos.

Do 21 ó 24 Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos.  Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta. Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión. 

E o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días, é o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV. Pero este ano queremos ir mais aló e en vez de sortear 3 soldos de 1.200€, sortearemos 4!!!

3 destes premios serán sorteados como sempre no sorteo presencial da Praza Maior, e o outro soldo será sorteado a través da App Viveiro CCH simplemente con subir os tickets das compras dende o dia 11 de decembro ata o 5 de xaneiro. 

Este ano adiantamos o reparto das papeletas para o sorteo presencial e será a partir do día 15 cando se comecen a repartir cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo ou ata agotar os 150.000 números.

Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados, e o mesmo para o soldo sorteado a través a App.  

O sorteo farase como sempre, o 4 de xaneiro ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios.  Este sorteo vai xa pola 11ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.

Tamén este ano realizamos o IV Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal, para animar ós comerciantes e hostaleiros a que engalanen os seus negocios.  Haberá premios para:

  • O mellor Balcón ou fachada navideña
  • O mellor escaparate e interior do establecemento
  • A mellor decoración artesanal (de elaboración propia)  
  • Premio á mellor decoración de local de hostalaría

Todos eles dotados de premio económico e placa distintiva.

Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 20.000 bolsas de papel e pegatinas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.

Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que  Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca cofinanciación da Xunta de Galicia dentro das axudas de dinamización para os Centro comerciais Abertos.  

NADAL 2023