Organiza o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “Concurso de Miniburguers” co obxetivo de dinamizar o comercio e a hostelería local.

O venres 28 e sábado 29 de maio, os locais participantes elaborarán unha Miniburguer con ingredientes de libre elección. O precio da tapa será de 4€.

Os clientes poderán degustar as tapas e valoralas mediante un código QR, participando así nun sorteo e decidindo cal será a tapa gañadora.

Para votar a mellor Miniburguer os clientes deberán escanear un código QR coa App ViveiroCCH que atoparán nos establecementos participantes.

Todos os clientes que participen valorando as tapas a través do código QR entrarán no sorteo de unha cea para 2 persoas en calquera dos locais participantes na promoción (importe máximo do premio 150€)

A tapa que obteña a mellor puntuación será a gañadora do 1ª Concurso de Miniburguers CCHV, acreditando a distinción co “Trofeo Miniburguer Dourada”

A valoración das miniburguers estará habilitada na APP ViveiroCCH durante os 2 días que dura a campaña

Unha vez finalizada realizarase o reconto e anunciarase o establecemento gañador.

O sorteo entre os clientes realizarase o 2 de xuño de 2026 ás 16:00 h a través da APP ViveiroCCH de xeito aleatorio entre tódolos clientes participantes.

O sorteo será gravado para garantir a transparencia do proceso, e posteriormente publicado nas redes sociais do CCHV.


Contactarase telefonicamente có gañador nun prazo máximo de 48 horas tralo sorteo. Se non é posible contactar tras tres intentos, procederase a extraer un novo gañador.

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

Os datos recollidos na App utilizaranse exclusivamente para xestionar a participación no sorteo e comunicar o premio ós gañadores.