RUTA GASTRONÓMICA DE PAÍSES DO MUNDO

Organiza a Ruta e o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “Ruta Gastronómica de Países do Mundo”.  

Poderán participar de xeito gratuíto os maiores de 18 anos que degusten as diferentes tapas nos 7 locais participantes.

A campaña realizarase o venres 8 e sábado 9 de maio. O sorteo será o dia 12 de maio.

  • Nos locais participantes haberá a disposición dos clientes o  “Pasaporte”, unhas tarxetas onde figuran os 7 locais.
  • Por cada tapa consumida, estamparase un selo en dito pasaporte. Cada local participante terá habilitado o seu recadro correspondente.
  • Se se completa a tarxeta cas 7 tapas probadas optase ó sorteo dunha cesta de produtos internacionais.
  • As tarxetas seladas poderanse depositar nas urnas habilitadas ó efecto en calquera dos 7 locais participantes.

O sorteo realizarase o 12 de maio de 2026 ás 16:00 h nas oficinas da Asociación. A Xunta Directiva do CCHV extraerá 1 gañador entre tódalas tarxetas participantes.

O sorteo será gravado para garantir a transparencia do proceso, e posteriormente publicado nas redes sociais do CCHV.

Contactarase telefonicamente có gañador nun prazo máximo de 48 horas tralo sorteo. Se non é posible contactar tras tres intentos, procederase a extraer un novo Pasaporte suplente.

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

Dacordo co RGPD e a normativa vixente:


– Finalidade: Os datos recollidos nas papeletas utilizaranse exclusivamente para xestionar a participación no sorteo e comunicar o premio ós gañadores.


– Almacenamento: Os datos non se incorporarán a ningunha base de datos nin serán automatizados.


– Custodia e Destrución: As papeletas serán custodiadas de xeito seguro pola Asociación ata a realización do sorteo. Unha vez finalizado o evento e entregados os premios tódalas papeletas non premiadas serán destruídas de forma inmediata e segura.

RUTA GASTRONÓMICA DE PAÍSES DO MUNDO
RUTA GASTRONÓMICA DE PAÍSES DO MUNDO