“UNHA EXPERIENCIA RELAX PARA MAMÁ”

BASES DA CAMPAÑA

Primeiro.- Descrición da campaña

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación  “Unha experiencia Relax para Mamá”.   

Segunda.- Como Participar

  • A través da App Viveiro CCHV
  • Subindo os tickets de compra de calquera dos negocios asociados
  • Non hai importe mínimo
  • Tickets válidos do 22 de abril ó 5 de Maio de 2024 (ambos incluídos)
  • O sorteo será o 6 de Maio de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP.
  • Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS.
  • Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao de ambos, non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Terceira.- Premio

  • Unha “Experiencia Relax para Mamá” consta dun Bono valorado en 100€ para canxear no Thalasso las sirenas, a escoller o tratamento, programa ou circuito que a gañadora queira.
  • Sortearanse un total de 5 premios.
  • O prazo para desfrutar os bonos será ata o 31 de maio de 2024.

Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

CAMPAÑA DÍA DA NAI