Ofertas Flash

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña “Ofertas Flash” e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local.  

A campaña que comezou o xoves 10 de novembro, consiste en realizar ofertas semanais nos 16 locais participantes.

Durante o mes de novembro, cada semana os negocios realizarán ofertas en determinados artigos, marcas, seccións, servizos, etc. Dezaseis negocios de distintos sectores súmanse a esta campaña, participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, xogueterías e perruquerías, creando unha oferta de artigos do mais variado.

Os locais participantes están identificados con carteis en forma de estrela nos que indican a Oferta Flash da semana. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar das promocións. Cada semana as ofertas irán cambiando.  

Nesta primeira semana poderemos aproveitar as seguinte ofertas:

    IGLESIAS MUEBLESLiquidación Stock colchones 150*190
    CONFECC. JUSTO VAZQUEZ-20% en Parkas Señora
    MIMIMÓ MODA INFANTIL-15% en Badum Badero, Ido e Desigual
    COMPLEMENTOS SULIAN-15% en Bolsos Guess e Plumas Bosideng
    MISSTIC-15% en Foulares, Lencería e Calcetins
    BMD-20% en Selección de prendas de punto
    ALBO ZAPATERÍAS-20% en POPA
    CALZADOS ALBO-20% en mtng.
    55 SNEAKERS-20% en HOKA
    NACAR-20% en Corsetería
    REGAL PORTA DA VILA-25% en Selección de Xoiería Ardentia
    VAN SURF-15% en Tablas e Skates completos
    VAN SURF SNEAKERS-15% en Kappa
    PELUQUERÍA RICHARD XFAVOR-20% en Ecozen e Productos KUMI
    PLATAX-20% en Xoiería e Reloxería
    JUGUETERÍA SANTIAGO-5€ en compras superiores a 25€ e -15€ en máis de 50€

    O obxetivo perseguido con esta actividade de dinamización comercial é revitalizar as ventas no comercio local durante o mes de novembro, dar ós clientes unha boa alternativa con ofertas moi tentadoras, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.

    Mercar no comercio de proximidade axuda a construír comunidade, dar vida á vila, contribúe a un entorno mais sostible e a unha experiencia de compra mais personalizada, iso é o que intentamos transmitir ós clientes.

    Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.

    É moi importante lembrar que ata o 31 de decembro se poden canxear os Bonos Activa comercio, e que tamén está en funcionamento a campaña de Dias Azuis do comercio galego, na que simplemente por subir unha foto do ticket da compra a www.diasazuis.com se opta ó sorteo de tarxetas regalo de 150 e 250€.