
SAN VALENTIN 2025 – RULETA DO AMOR
MERCAR EN VIVEIRO TEN PREMIO NA “RULETA DO AMOR”

BASES DA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “A Ruleta do Amor”.
Instalarase unha ruleta con premios na Praza Maior de Viveiro o día 14 de Febreiro.
O horario será de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:00 ou ata esgotar os premios. (fixando como horario máximo as 20:00 horas)
Segunda.- Como Participar
Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 20€. Por cada 20€ en compras terase dereito a unha tirada na ruleta, fixando un Máximo de 6 tiradas seguidas, e se queda algunha tirada pendente porase de novo na cola para voltar a tirar.
Permitirase a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.
A data válida dos tíckets de compra poderá ser dende o venres 7 ó venres 14 de febreiro de 2025.
Realizaranse as tiradas por estrito orde de chegada, unha vez comprobada a validez dos tíckets (negocio asociado, data e importe)
As casillas da ruleta conteñen distintos premios e segue mercando. Se se cae nesta última casilla non hai opción a premio.
Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
Sortearanse un total de 300 premios:
PREMIOS | Nº |
90 TOTE BAGS | 90 |
30 ENTRADAS CINE dobles | 60 |
ESPUMOSO BRINDE DE ROSAS (20 uds) | 20 |
CAIXAS DOCES (20 uds) | 20 |
CEA PARA 2 POR VALOR DE 50€ (6 uds) | 6 |
MASAXE EN PAREXA (SESION 60 MIN) x 4 uds | 4 |
PARAUGAS INLOVE COMERCIO LOCAL (50 uds) | 50 |
VALES DE 5€ (50 uds) | 50 |
TOTALES | 300 |
O valor dos premios dos Vales de compra de 5€ será para gastar en negocios asociados ata o 28 de Febreiro de 2025.
Os premios das Ceas para 2 persoas serán para gastar en calquera dos negocios asociados de Hostalería ata o 28 de Febreiro de 2025.
Os premios das Masaxes en parexa serán para gastar en Sca Masaxes ata o 31 de marzo do 2025.
As entradas de Cine dobles serán para canxear en Cines Viveiro ata o 31 de marzo do 2025.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
