Nadal 2022

Campaña Navideña do Centro Comercial Histórico de Viveiro baixo o lema “¿Mercamos en Viveiro?”; Decoración de rúas, ambientación musical, concursos e o Sorteo de 3 soldos de 1.200€.  

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comezou nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.

Este ano seguimos apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartimos  mais de 120 árbores de luces leds que están colocados nas entradas dos comercios. A atmosfera navideña tamén é musical, posto que as rúas están ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.

Intalouse a árbore de luces xigante cun novo emplazamento, este ano está nos Xardíns Noriega Varela (zona Templete da Música). Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionouse o valado exterior da mesma.

Tamén se instalou nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casita de Papá Noel” en colaboración có Concello de Viveiro, en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde os dias 17 e 18 de Decembro e dende o 21 ó 24. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila  para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita. 

Durante estes dias Papá Noel e os Elfos reciben ós nenos, recollen tódalas cartas e atenden as peticións dos máis pequenos.  Este ano ó carón da Casita colocouse tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta. Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión. 

E o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días, é o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV.  O reparto das papeletas será a partir do día 26 cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo.

Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados.

O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2023 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran  Dani Rios.  Este sorteo vai xa pola 10ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.

Tamén este ano realizamos o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal en colaboración co Concello de Viveiro. Imos xa pola 3ª edición pero este ano trae novidades. Haberá premios tanto para os comercios como para os veciños.

Esta colaboración co Concello de Viveiro xurde có obxecto de incentivar  a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais.

As categorías e premios serán:

CATEGORÍA VECIÑOS:

  • 1º Premio ó mellor balcón ou fachada navideña 150€
  • 2º premio 100€
  • 3º premio 50€

CATEGORÍA COMERCIOS:

  • Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña 100€
  • Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento 100€
  • Premio á mellor decoración de local de hostalaría 100€

Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 15.000 bolsas de papel e pegatinas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.

O día 18 estrenouse o spot promocional do comercio de Viveiro, que pretende poñer en valor o comercio da vila.  É unha homenaxe ós comerciantes e hostaleiros que dan vida á nosa vila, e ós clientes que apostan polas compras no comercio de proximidade.

Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que  Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro.

Nadal 2022