CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS, FACHADAS E LOCAIS COMERCIAIS NADAL 2022

Bases Concurso de Decoración de Nadal

A Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, en colaboración co Concello de Viveiro, organizan o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal que xurde có obxecto de incentivar    a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais. Para isto, establécense as seguintes BASES:

  • Poderán participar tódolos veciños e tódolos establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local.
  • Presentarase un sé traballo por persoa ou establecemento.
  • O xurado valorará: a creación artística, a orixinalidade, a iluminación e os materiais utilizados.
  • O Xurado visitará e valorará os balcóns, fachadas e establecementos participantes antes do 30/12/22. O fallo do Xurado será inapelable e poderá declaralo deserto si considera que as decoracións non compren os mínimos esixidos.
  • O Xurado estará composto por membros da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, da Corporación Municipal e por profesionais do sector da decoración, fallándose o premio por maioría simple. O Xurado terá plena actuación baseándose só no seu criterio obxectivo e reservase o dereito de modificar parcialmente as presentes Bases en aras do bo funcionamento do Concurso.
  • O nome dos/as gañadores/as farase público o 30 de decembro de 2022, ás 19:00 horas.
  • Cada participante deberá inscribirse na oficina do CCHV antes do 23 de decembro ás 14 horas, ou por teléfono no 982550707, por whatsApp no 650506717 ou por mail en info@viveirocentro.com, cós seguintes datos:
    • Nome e apelidos do participante, Teléfono e Dirección exacta do inmoble, ben sexa vivenda particular ou negocio, que se  presenta a concurso
  • Outorgaranse os seguintes premios:

CATEGORÍA VECIÑOS:

1 º PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA150 €
2 º PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA100 €
3 º PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA50 €

CATEGORÍA COMERCIOS:

PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA100 €
PREMIO Ó MELLOR ESCAPARATE E INTERIOR DO ESTABLECEMENTO:100 €
PREMIO Á MELLOR DECORACIÓN DE LOCAL DE HOSTALARÍA100 €

Todos recibirán unha “Placa distintiva de gañador”

  • A participación neste Concurso conleva a total aceptación das presentes Bases. Para calquera aclaración ou recibir máis información contactar có CCHV no 982550707 ou no 650506717.