CALENDARIO DE ADVENTO NADAL 2026
BASES DA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “Calendario de advento do CCHV”.
Instalarase un calendario de advento na Praza Maior (no recinto da Casita de Papá Noel) a modo decorativo e informativo da campaña.
Contén 24 casillas e cada unha agocha un premio por valor de 100€.
Segunda.- Como Participar
Os interesados poderán participar subindo os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados, á APP VIVEIROCCH.
Para o premio de cada día SÓ serán válidos os tíckets dese día. O sorteo realizarase ó dia seguinte descubrindo no calendario o premio que corresponde.
Para os días festivos que a oficina do CCHV esté pechada, a entrega do premio realizarase ó seguinte día hábil.
Os días festivos (domingos 6 e 13 e martes 8 de decembro) poderase participar cós tíckets dos negocios que estean abertos, como hostelería, panaderías, supermercado, librería, etc etc)
Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
Cada día agocha un premio valorado en 100€. Total premios da campaña 2.400€
Sortearanse cestas de peixes e mariscos, xamóns, cestas de Nadal, cestas doces, packs de productos Celtagal, reloxos e pequenos electrodomésticos.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.