BLACK FRIDAY «OS MELLORES DESCONTOS NO COMERCIO LOCAL»
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha dende o este xoves 23 ata o sábado 25 de Novembro a campaña “Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
¿Porqué as mellores compras do Black Friday son as feitas no Comercio local? Probas, tocas, mercas, lévalo e desfrútalo ó instante, sen esperas nin gastos de envío e sen medo a estafas pola rede. Proximidade, trato cercano e profesional. .. Isto é Comercio Local
Serán 43 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, telefonía, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local.
Unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías.
Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 43 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 50% ou 60% nalgúns casos.
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.
Os locais participantes e as suas promocións son: