MAMÁ DATE UN CAPRICHO NO COMERCIO LOCAL

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes
bases.


Primeira.- Participantes
Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.
Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os
empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.


Segunda.- Descrición da campaña
Sorteo de “1.300€ para gastar nun só dia nos comercios e servizos asociados ó CCHV”
O premio gastarase no mes de Maio, e o día será acordado ca gañadora. As compras
realizaranse en horario comercial.
Os 1300€ estarán repartidos en 13 Bonos de 100€ cada un, para gastar nos distintos
sectores asociados ó CCHV, sendo:

100€ para gastar no sector Téxtil

100€ para gastar no sector calzado

100€ para gastar no sector deportes

100€ para gastar no sector mercería-paquetería

100€ para gastar no sector bazar, mobles e decoración

100€ para gastar no sector Ópticas

100€ para gastar no sector Xoierías

100€ para gastar no sector telefonía e informática

100€ para gastar no sector Beleza e Benestar

100€ para gastar no sector Librerías e xogueterías

100€ para gastar no sector Alimentación

100€ para gastar no sector Servicios Profesionais

100€ para gastar en Hostalaría


Terceira.- Como Participar
En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de
compra dun importe mínimo de 20€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e
número de teléfono)
Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.
Os tíckets poden ser de negocios asociados distintos ata sumar os 20€.
A data dos tíckets de compra poderá ser dende o luns 25 ó sábado 30 de Abril.

Cuarta.- Sorteo
O sorteo realizarase o martes 3 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, situadas
na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro.
Comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á
extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.
O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento
expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o
resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira
dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación
desta cláusula.