RULETA DE PREMIOS "VIVEIRO CONTA"

BASES DA CAMPAÑA

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación VIVEIRO CONTA E O SEU COMERCIO TAMÉN – RULETA DE PREMIOS

Instalarase unha ruleta con premios na Praza de Abastos de Viveiro o sábado 3 e o 10 de outubro, en horario de 11 a 14 horas.

Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. Por cada 10€ en compras terase dereito a unha tirada na ruleta, fixando un Máximo de 6 tiradas seguidas, e se queda algunha tirada pendente porase de novo na cola para voltar a tirar.

Permitirase a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€.

A data válida dos tíckets de compra poderá ser dende luns 28 se setembro ata o sábado 10 de outubro.

Realizaranse as tiradas por estrito orde de chegada, unha vez comprobada a validez dos tíckets (negocio asociado, data e importe)

As casillas da ruleta conteñen premio e segue xogando. Se se cae nesta última casilla non hai opción a premio. 

Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Terceira.- Premios

  • Sortearanse un total de 2000 premios directos:
UNIDADESARTIGOS
100PARAUGAS
100DELANTAIS
100AGARRADEIROS
100NEVEIRAS ISOTÉRMICAS
1000BOLSAS COMPRA
200BLOCK NOTAS NEVEIRA
100BOTELLAS
100TABOAS DE CORTAR
100CHAVEIROS
100ENTRADAS CINE (Válidas ata o 31/12/26)

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.