RASCA E GAÑA "VIVEIRO CONTA E O SEU COMERCIO TAMÉN"

BASES DA CAMPAÑA:

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES:

  • Os establecementos participantes serán todos os negocios asociados ó CCHV

COMO PARTICIPAR:

  • Os rascas poderanse encontrar nos establecementos participantes a partir do 28 de setembro ó 10 de outubro
  • Os comercios terán a disposición dos seus clientes, pequenas tarxetas (rascas) para entregárllelos por cada compra ou consumición realizada. A tarxeta terá un oco no que rascando, poderás atopar o premio correspondente “vale por… “ ou a frase “Sen premio”.
  • Cada negocio establecera o criterio polo cal entregará o número de rascas por cada  compra.
  • As tarxetas deberan estar debidamente seladas na parte posterior do rasca polo establecemento que as entrega.

PREMIOS:

  • Os premios poderanse canxear ata o 31 de outubro (data máxima). E poderanse desfrutar segundo o indique cada establecemento doador dos premios.
  • Tódolos establecementos participantes entregarán premios.
  • Os rascas premiados, cobraranse no establecemento que doou o premio.
  • O período de reclamación dos premios comeza o mesmo dia 28 de setembro e finaliza o 31 de outubro de 2026. Aqueles rascas que a esa data non foran canxeados considerarase caducados e non poderán ser canxeados fora de prazo.
  • Os rascas premiados son independentes e non acumulables, pero unha mesma persoa poderá recibir mais de un rasca premiado.
  • Entre tódolos Rascas agocharanse 5 Rascas Dourados que teñen un valor de 100€ cada un. Os gañadores deberán canxealos nas oficinas da asociación antes do 31 de outubro. Entregaranse 100€ en vales de compra para gastar nos negocios asociados ata o 30 de novembro de 2026.
  • Haberá 500 Rascas có premio “Vale por unha tirada na ruleta” que estará ubicada na Praza de Abastos os sábados 3 e 10 de outubro de 11 a 14 h”.
  • Haberá 500 Rascas có premio “Vale por 1 Artigo de merch a escoller” (Paraugas, mandís, agarradores, neveiras isotérmicas, bolsas, block notas, botellas, táboas de cortar ou chaveiros)

NORMAS DE PARTICIPACION:

  • Debido a natureza desta campaña, poderá participar calquera cliente dos establecementos adheridos, maiores de 18 anos
  • A organización reservase o dereito de revisión no caso de detectar conductas ou patróns extraños nos rascas ou nos canxes.