SHOPPING WEEKEND 12 E 13 DE XUÑO

Volve a nosa campaña máis esperada por todos vós! Este fin de semana, venres 12 e sábado 13, temos o Shopping Weekend! 20% de desconto en miles de artigos
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos preto de 40 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, decoración, agasallos, artigos para o fogar, iluminación, ópticas e salóns de peiteado.Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.


Trátase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.
