FESTA DO COMERCIO- SORTEO DUNHA EXTRA DE VERÁN DE 1.200€

O sábado 30 de maio levaremos a cabo a Festa do Comercio, cun sorteo dunha extra de verán de 1.200€, animación coa charanga Santa Compaña, actividades para nenos, Concurso de Miniburguers para nenos e moitas máis sorpresas!
BASES DA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación “Sorteo dunha extra de verán”
Segunda.- Como Participar
Os negocios asociados entregarán cas compras as papeletas cos números para o sorteo, dende o 4 de ata o 30 de maio (ambos incluídos)
O sorteo será o 30 de maio de 2026 ás 21:15 horas na Praza Maior de Viveiro.
Ese mesmo día instalarase unha urna na Praza Maior de 17:00 a 21 horas onde os clientes poderán depositar os números das súas papeletas, quedándose sempre ca matriz da rifa onde figuran os números.
Sortearase tantas veces sexa necesario ata que apareza o gañador.
Tódalas papeletas deberán ir seladas polo comercio que as entregan. En caso contrario serán invalidadas.
Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
Sortearanse 1.200€ en vales de compra do CCHV para gastar nos negocios asociados, que se dividirán en 400€ para gastar no mes de xuño, 400€ para gastar no mes de xullo e 400€ no mes de agosto.
O gañador recollerá o premio nas oficinas do CCHV, onde se lles entregará unha lista cos negocios onde se poden gastar os vales.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
