Bases Concurso de Decoración de Nadal
CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS, FACHADAS E LOCAIS COMERCIAIS NADAL 2022
A Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, en colaboración co Concello de Viveiro, organizan o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal que xurde có obxecto de incentivar a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais. Para isto, establécense as seguintes BASES:
- Poderán participar tódolos veciños e tódolos establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local.
- Presentarase un sé traballo por persoa ou establecemento.
- O xurado valorará: a creación artística, a orixinalidade, a iluminación e os materiais utilizados.
- O Xurado visitará e valorará os balcóns, fachadas e establecementos participantes antes do 30/12/22. O fallo do Xurado será inapelable e poderá declaralo deserto si considera que as decoracións non compren os mínimos esixidos.
- O Xurado estará composto por membros da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, da Corporación Municipal e por profesionais do sector da decoración, fallándose o premio por maioría simple. O Xurado terá plena actuación baseándose só no seu criterio obxectivo e reservase o dereito de modificar parcialmente as presentes Bases en aras do bo funcionamento do Concurso.
- O nome dos/as gañadores/as farase público o 30 de decembro de 2022, ás 19:00 horas.
- Cada participante deberá inscribirse na oficina do CCHV antes do 23 de decembro ás 14 horas, ou por teléfono no 982550707, por whatsApp no 650506717 ou por mail en info@viveirocentro.com, cós seguintes datos:
- Nome e apelidos do participante, Teléfono e Dirección exacta do inmoble, ben sexa vivenda particular ou negocio, que se presenta a concurso
- Outorgaranse os seguintes premios:
CATEGORÍA VECIÑOS:
1 º PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA | 150 € |
2 º PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA | 100 € |
3 º PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA | 50 € |
CATEGORÍA COMERCIOS:
PREMIO Ó MELLOR BALCÓN OU FACHADA NAVIDEÑA | 100 € |
PREMIO Ó MELLOR ESCAPARATE E INTERIOR DO ESTABLECEMENTO: | 100 € |
PREMIO Á MELLOR DECORACIÓN DE LOCAL DE HOSTALARÍA | 100 € |
Todos recibirán unha “Placa distintiva de gañador”
- A participación neste Concurso conleva a total aceptación das presentes Bases. Para calquera aclaración ou recibir máis información contactar có CCHV no 982550707 ou no 650506717.