Black Friday «Os Mellores Descontos no Comercio Local»
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha dende o este xoves 24 ata o sábado 26 de Novembro a campaña “Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Apostamos por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis ós clientes, facilitando o servizo e farémolo poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal.
Serán 41 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, textiles para o fogar, lencería, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes, tendas de telefonía, cerámica e floristerías. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local.
Para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos o sistema de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal, garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.
Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e con este servizo de envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras.
Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías…isto é Comercio Local.
Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 41 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 70% nalgúns casos.
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días.