STREET MARKET - COMERCIO NA RUA

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Street Market e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local.  

Dende o martes 19 ata o venres 22 de agosto serán preto de 30 negocios participantes os que realizarán promocións especiais en miles de artigos de tempada. Trátase de converter o final do periodo de rebaixas nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

O centro histórico de Viveiro convertirase nun mercado de rua onde poderás mercar todo o que necesitas, dende un agasallo especial ata darte un capricho. Ademáis, teremos música polas ruas a través dos mais de 2 km de fio musical que temos instalados na área comercial.

Unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen (se o tempo acompaña).  A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, florarías e salóns de peiteado.

Para aproveitar estas oportunidades animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro durante estes dias, paseen polas nosas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía. Teremos a oportunidade de mercar artigos de primeiras marcas pero con super descontos, que mellor oportunidade! 

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar destas promocións.   

Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

Desfruta do comercio local a pe de rua có Street Market que organiza o Centro Histórico de Viveiro! Xa tes plan para estos días, ven a Viveiro e desfruta do comercio que da vida á nosa vila!

STREET MARKET - COMERCIO NA RUA