Shopping Weekend – 5 e 6/11
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de Novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 46 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.
Os locais participantes son:
– Raquel Seijido
– Muebles Sampe
– Podium Sport
– Nacar
– Van Surf Sneakers
– Van Surf Shop
– Esprit
– Tienducho OP
– Regal Porta da Vila
– Misstic
– Óptica Rosario
– Confecciones Justo Vazquez
– Kalea
– Platax
– La Óptica
– Sulian Complementos
– Estanco Casanova
– Jonathans
– Versus
– Baühaüs Decoración
– Bmd – Baamonde Style
– Joyería Paleo
– Cocolatte
– Moviltom
– Vogue
– Irimia Paquetería
– Óptica Casariego
– Tacones
– Peluquería Richard XFavor
– Mimimó
– Paquetería Mónica
– Albo Zapaterías
– Calzados Albo
– Albo 55 Sneakers
– Piti Deportes
– Oxígeno Surf
– Kerale Moda
– Oscar Joyeros
– Mercería A Bolboreta
– Deportes Don Balón
– Carnicería Mariño
– Fontana
– Rockids
– Kandela Iluminación
– Canela Lencería
– Madrás
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. Haberá negocios como pode ser a carnicería, a peluquería ou as paqueterías, que farán o 20% en artigos seleccionados. Nestes casos, disporán de carteis nos escaparates especificando os artigos nos que se aplica o 20% de desconto.
O éxito desta campaña en anteriores edicións fai que poña en marcha unha vez mais para ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
E para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos en marcha durante o mes de novembro a campaña de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal, garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.
Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e cós envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras para os nosos clientes da Mariña e Ortegal.
Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do shopping ca música nas rúas, e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías…isto é Comercio Local.