Saborea as mellores croquetas caseiras nos 8 locais participantes!!

RUTA DA CROQUETA

Coincidindo coa campaña «REMATE FINAL, o inverno remata e as rebaixas tamén», o venres 27 e o sábado 28 de Febreiro, 8 locais de hostelería levarán a cabo a “Ruta da Croqueta”. A fin de semana será unha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos e ó mesmo tempo desfrutar dunha delicia da gastronomía como son as croquetas.

Animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas nosas rúas e desfuten da hostelería da vila e da nosa gastronomía…Croquetamente en:

BAR A ZAPATERÍACroquetas de gambas
MESÓN O RECUNCHOCroquetas de chorizo con queixo de cabra
CASA PEPICroquetas de chipirons en tinta
CORNELIUS TABERNACroquetas de xamón
ATLÁNTICO GASTROBARCroquetas de chorizo picante
MESÓN A RIACroquetas de langostinos
MURO RESTAURANTECroquetas de Centola
LA TORTILLA MARAVILLACroquetas de Cecina

As tapas terán un precio de 3,5€ (3 unidades) e no caso do Muro Restaurante e a Tortilla Maravilla tamén servirán racións a 10€ (9 unidades).

E tamén haberá premios! Sortearemos 300€ para aqueles que proben tódalas tapas, e no caso de que sexan menos o premio será de 150€.

1º.- Entidade organizadora

Organiza a Ruta e o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “A Ruta da Croqueta”.  

2º.- Participantes e Período da Promoción

Poderán participar de xeito gratuíto os maiores de 18 anos que degusten as tapas de croqueta nos 8 locais participantes.

A campaña realizarase o venres 27 e sábado 28. O sorteo será o dia 2 de marzo.  

3º.- Como participar e Premios

  • Nos locais participantes haberá a disposición dos clientes o  “CroquePass”, unas tarxetas onde figuran os 8 locais.
  • Por cada tapa consumida, estamparase un selo en dito pasaporte. Cada local participante terá habilitado o seu recadro correspondente.
  • Se se completa a tarxeta cas 8 tapas probadas optase ó sorteo de 300€. Tamén se pode participar si a tarxeta non está completa, pero deberá ter un mínimo de 4 selos, neste caso o premio será de 150€.
  • As tarxetas seladas poderanse depositar nas urnas habilitadas ó efecto en calquera dos 8 locais participantes.
  • Os premios son en vales de compra para gastar no comercio local, con data válida ata o 30/04/26.

4º.- Sorteo

O sorteo realizarase o 2 de marzo de 2026 ás 16:00 h nas oficinas da Asociación. A Xunta Directiva do CCHV extraerá 1 gañador entre tódalas tarxetas participantes.

O sorteo será gravado para garantir a transparencia do proceso, e posteriormente publicado nas redes sociais do CCHV.


Contactarase telefonicamente có gañador nun prazo máximo de 48 horas tralo sorteo. Se non é posible contactar tras tres intentos, procederase a extraer un novo CroquePass suplente.

5º.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

6º.- Protección de datos e Privacidade

Dacordo co RGPD e a normativa vixente:


– Finalidade: Os datos recollidos nas papeletas utilizaranse exclusivamente para xestionar a participación no sorteo e comunicar o premio ós gañadores.


– Almacenamento: Os datos non se incorporarán a ningunha base de datos nin serán automatizados.


– Custodia e Destrución: As papeletas serán custodiadas de xeito seguro pola Asociación ata a realización do sorteo. Unha vez finalizado o evento e entregados os premios tódalas papeletas non premiadas serán destruídas de forma inmediata e segura.

Un final de mes co estómago cheo e moitos premios!!