Xir e Xira sen parar para moitos agasallos levar!!

RULETA DO OUTONO

BASES DA CAMPAÑA

Primeiro.- Descrición da campaña

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “A Ruleta do Outono”.  

Instalarase unha ruleta con premios na Sala Multiusos do Concello de Viveiro os tres primeiros xoves e venres de Novembro (6 e 7, 13 e 14, 20 e 21).

O horario será de 11 a 14h e de 17 a 20h ou ata esgotar os premios.

Segunda.- Como Participar

Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. Por cada 10€ en compras terase dereito a unha tirada na ruleta, fixando un Máximo de 6 tiradas seguidas, e se queda algunha tirada pendente porase de novo na cola para voltar a tirar.

Permitirase a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€.

A data válida dos tíckets de compra poderá ser dende o sábado 1 ó venres 21 de novembro de 2025.

Realizaranse as tiradas por estrito orde de chegada, unha vez comprobada a validez dos tíckets (negocio asociado, data e importe)

As casillas da ruleta conteñen premio e segue xogando. Se se cae nesta última casilla non hai opción a premio. 

Cando se cae na casilla de premio o gañador extraerá dunha urna unha papeleta onde estará indicado o premio correspondente.

Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Terceira.- Premios

  • Sortearanse un total de 3.377 premios:
  • Cada día sortearanse 500€ en vales de compra que aporta a Asociación para gastar nos negocios asociados (tanto comercio como hostelería). Dita cantidade estará repartida en 60 premios de 50€ cada un. Poderanse gastar ata o 30 de Novembro.

3.377 premios repartidos do seguinte xeito:

RULETA DO OUTONO
RULETA DO OUTONO
  • Os premios poderanse canxear ata o 25 de novembro (data máxima). E poderanse desfrutar segundo o indique cada establecemento doador dos premios.
  • O período de reclamación dos premios comeza o 6 de novembro e finaliza o 25 de novembro de 2025. Aqueles premios que a esa data non foran canxeados considerarase caducados e non poderán ser canxeados fora de prazo.
  • Os premios son independentes e non acumulables, pero unha mesma persoa      poderá recibir mais de un premio igual. 

Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

RULETA DO OUTONO