Preto de 30 negocios liquidando Stock de temporada a prezos de escándalo!!

REMATE FINAL, O INVERNO REMATA E AS REBAIXAS TAMÉN

Dende o xoves día 26 ata o sábado 28 de febreiro serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha festa conxunta.. haberá super descontos, música, premios, bo ambiente e gastronomía.

Para facelo máis chamativo, e se o tempo acompaña,  unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen.  A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fai que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración, salóns de peiteado e Ópticas. 

Teremos a oportunidade de mercar artigos de primeiras marcas pero con super descontos, que planazo!  Pero ademais con tódalas compras realizadas nestes días nos negocios participantes sortearemos 300€ en vales de compra!! Serán 6 premios de 50€ só por subir os tíckets da compras á App ViveiroCCH, así de sinxelo.

Un final de rebaixas por todo o alto con súper descontos… tiramos a casa pola ventá!!

1º.- Entidade organizadora

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “Remate Final, o inverno remata e as Rebaixas tamén”.  

2º.- Participantes e Período da Promoción

Poderán participar de xeito gratuíto os maiores de 18 anos que merquen nos comercios participantes na campaña os dias 26, 27 e 28 de Febreiro.

O sorteo será o dia 2 de marzo ás 16 horas a través da App VIVEIROCCH  

3º.- Como participar e Premios

  • Sortearanse 6 vales de compra de 50€ cada un
  • Só por subir á App VIVEIROCCH os tickets das compras feitas nos locais participantes durante os días que dura a campaña.
  • Os premios serán en vales de compra para gastar no comercio local, con data válida ata o 30/04/26.

4º.- Sorteo

O sorteo realizarase o 2 de marzo de 2026 ás 16:00h nas oficinas da Asociación. A propia APP elixirá de xeito aleatorio 6 gañadores. Comprobarase que os tíckets están correctos e comunicarase con eles vía telefónica. Se non é posible contactar tras tres intentos, procederase a contactar cós suplentes.

O sorteo será gravado para garantir a transparencia do proceso, e posteriormente publicado nas redes sociais do CCHV.


5º.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

6º.- Protección de datos e Privacidade

Dacordo co RGPD e a normativa vixente:


– Finalidade: Os datos recollidos nas papeletas utilizaranse exclusivamente para xestionar a participación no sorteo e comunicar o premio ós gañadores.


– Almacenamento: Os datos non se incorporarán a ningunha base de datos nin serán automatizados.


– Custodia e Destrución: As papeletas serán custodiadas de xeito seguro pola Asociación ata a realización do sorteo. Unha vez finalizado o evento e entregados os premios tódalas papeletas non premiadas serán destruídas de forma inmediata e segura.

REMATE FINAL, O INVERNO REMATA E AS REBAIXAS TAMÉN