RASCA E GAÑA

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES:

  • Os establecementos participantes serán todos os negocios asociados ó CCHV adheridos á campaña.

COMO PARTICIPAR:

  • Os rascas poderanse encontrar nos establecementos participantes a partir do 2 de novembro ata o 27 de novembro.
  • Os comercios terán a disposición dos seus clientes, pequenas tarxetas (rascas) para entregárllelos por cada compra ou consumición realizada. A tarxeta terá un oco no que rascando, poderás atopar o premio correspondente “vale por… “ ou a frase “Rasca sen premio”.
  • Cada negocio establecera o criterio polo cal entregará o número de rascas por cada compra.
  • As tarxetas deberan estar debidamente seladas na parte posterior do rasca polo establecemento que as entrega.

PREMIOS:

  • Os premios poderanse canxear ata o 27 de Novembro (data máxima). E poderanse desfrutar segundo o indique cada establecemento doador dos premios.
  • Todos os establecemento participantes entregarán premios.
  • Os rascas premiados, cobraranse no establecemento que doou o premio.
  • O período de reclamación dos premios comeza o mesmo dia 2 de novembro e finaliza o 27 de novembro de 2024. Aqueles rascas que a esa data non foran canxeados considerarase caducados e non poderán ser canxeados fora de prazo.
  • Os rascas premiados son independentes e non acumulables, pero unha mesma persoa poderá recibir mais de un rasca premiado.

NORMAS DE PARTICIPACION:

  • Debido a natureza desta campaña, poderá participar calquera cliente dos establecementos adheridos maiores de 18 anos
  • A organización reservase o dereito de revisión no caso de detectar conductas ou patróns  extraños nos rascas ou nos canxes.
RASCA E GAÑA
RASCA E GAÑA