A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro participa no Programa de Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun Programa de Cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas.

Este programa permite a contratación dun mozo/a desempregado que esté inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A partir do 1 de maio de 2023 a moza Melanie González Gómez pasará a traballar con nós para a realización do servizo “Cooperante Centro Comercial Histórico de Viveiro”

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo social Europeo (Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020). 

Esta convocatoria de subvencións pretende apoiar a integración das persoas mozas, inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no mercado laboral e a través do Programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89 %.

PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

Dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX) 2014-2020, esta actuación en particular terá encaixe no:

– Eixe 5. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas, nin participan en sistemas de educación ou formación, en particular no contexto da garantía xuvenil (IEX/FSE).

– Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

– Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas (IEX), en particular, daquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como as persoas mozas que corren o risco de sufriren exclusión social e as procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de garantía xuvenil.

– Obxectivo específico 8.2.4. Aumentar a contratación de carácter indefinido ou estable das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, a través da intermediación e dos incentivos económicos.

– Medida 8.2.4.2. Axudas ao emprego para a contratación de persoas mozas cun período mínimo de permanencia.