HORARIOS CASITA PAPÁ NOEL

Está instalada na Praza Maior a “Casita de Papá Noel”, que funcionará en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 24 de decembro.

Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila  para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita.  E nas vindeiras semanas farán o propio tamén cas cartas para os Reis Magos.

Do 21 ó 24 Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita tamén se colocou un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta.

HORARIOS CASITA PAPÁ NOEL