Dende o xoves día 4 ata o sábado 6 de Marzo serán 36 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incríbles, chegando ata o 70% nalgúns casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

Fuera Stocks

Aproveitando que Viveiro está nun nivel 3 cas restriccións Covid, ca hostelería de novo aberta, esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar con fantásticos descontos e desfrutar dun café nunha terraza da hostelería que tanto botamos de menos estas semanas que estivo pechada. Eso si.. sempre con sentidiño e respetando as normas.

Misstic – Confecciones Justo Vázquez – Jonathans – Madras – Baamonde Style – Esprit – Fontana – Versus – Kody – Kerale Moda – Complementos Sulian – Rockids – Cocolatte – Mimimó – Lencería Canela – Nacar – Mercería A Bolboreta – Oxígeno Surf – Van Surf Shop – Van Surf Sneakers – Piti Deportes – Deportes Don Balón – Podium Sport – Albo 55 Sneekers – Calzados Albo – Albo Zapaterias – Vogue – Tacones – Platax – Joyería Paleo – Oscar Rodirugez Joyeros – Regal Fontenova – Raquel Seijido – Mobiltom – La Óptica e Óptica Rosario.