DIA DO PAI

BASES:

1.- Para conmemorar o Dia do Pai, instalarase na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro un escenario para realizar sesións fotográficas.


2.- O horario será o xoves 20 de Marzo de 17 a 20 horas e o venres 21 de Marzo de 11:30 a 13:30 e de 17 a 20 horas.


3.- O obxectivo é captar as mellores instantáneas de avós, pais, fill@s, etc, que reflexen a esencia do Día do Pai.

4.- Cada participante poderá escoller e facerse con unha das súas fotos de xeito gratuíto entregando tíckets de compra dos negocios asociados por valor mínimo de 20€. A foto poderase escoller e recoller posteriormente a esas datas nas oficinas do CCHV. Os tíckets son válidos do 14 ó 21 de marzo.


5.- Tódalas fotos serán valoradas por un xurado e aquela que obteña mellor valoración será galardoada con 300€ en vales de compra.

6.- Os vales deberán consumirse antes do 30 de Abril de 2025.


7.- A foto gañadora darase a coñecer o martes 25 de marzo, mediante comunicación telefónica e posterior comunicado na prensa, web, App e Redes Sociais do CCHV.


8.- Tódolos participantes deberán cubrir unha ficha cós seus datos e unha autorización de cesión de imaxes.

9.- As imaxes poderán ser utilizadas pola Asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro na súa web e redes sociais para facer publicidade da campaña.

10.- A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria dos seus datos para a participación na mesma.

11.- A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

DIA DO PAI