Primeira.- Participantes Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos. Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.
Segunda.- Descrición da campaña Sorteo de 5 Caixas Sorpresa “Experience Comercio Local”, e 5 Caixas Sorpresa “Experience Gastronomía Local” As caixas “Experience comercio local están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ó CCHV. As Caixas “Experience Gastronomía Local” conteñen unha experiencia gastronómica en familia en calquera dos negocios de hostalaría asociados ó CCHV. O valor de cada caixa é de 150€. Total destinado a premios 1.500€. O prazo de caducidade de calquera das caixas é o 31/12/21.
Terceira.- Como Participar En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 20€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e número de teléfono) Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. A data dos tíckets de compra poderá ser dende o martes 20 de Abril ó sábado 1 de Maio.
Cuarta.- Sorteo O sorteo realizarase o martes 4 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro. Comunicaráselle de inmediato ós gañadores. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos. O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.