CONCURSO ¿E TI CANTO SABES DO COMERCIO LOCAL?

Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o concurso o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación ”E ti canto sabes do comercio local?”
Segunda.- Como Participar
- Entre o martes 29 de setembro e o sábado 10 de outubro a empresa North Side Productions SL recorrerá as rúas de Viveiro para poñer en marcha o concurso “E ti canto sabes do comercio local”. Cunha cámara gravarán o transcurso do proxecto mentres que un presentador buscará participantes para realizarlles tres das múltiples preguntas que están en xogo.
- Realizaranse tres preguntas por participante. Por cada resposta correcta recibirán un vale de 10€ para gastar nos establecementos pertencentes a asociación, con validez dende o 29 de setembro de ata o 31 de decembro de 2026 (ambos incluídos).
- As tres preguntas serán seleccionadas pola organización e non se poderán cambiar, repetir nin escoller outras se o participante non sabe a resposta.
- A organización establecerá o límite de tempo para responder e determinará a validez da resposta atendendo ao contido esencial da mesma, admitíndose formulacións equivalentes.
Só está permitido participar unha vez por persoa.
O concurso vai destinado a maiores de 18 anos. No caso de haber algún/a interesado/a menor de idade, terá que traer unha autorización firmada pola súa nai, pai ou titor/a legal, que será o responsable de entregala nas oficinas CCHV (Rúa Díaz Freijo, nº3).
Están en xogo 1.000€ a repartir entre todos os participantes do concurso. Só se poderá gañar un máximo de 30€ por persoa que serán abonados en vales de 10€, un por cada pregunta acertada. Os vales poderán gastarse nos negocios asociados ata o 31 de decembro de 2026.
O gañador recollerá o premio nese mesmo momento, cando o presentador remate de gravar a súa intervención no concurso.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.