«Papá, Imos de Compras ó Comercio Local«

CAMPAÑA DIA DO PAI

BASES CAMPAÑA DIA DO PAI

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.

Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.

Segunda.- Descrición da campaña

Sorteo de “600€ en vales de compra para gastar nun só dia nos comercios e servizos asociados ó CCHV”.

O premio gastarase no mes de marzo ou abril , e o día será acordado co gañador. As compras realizaranse en horario comercial.

Os 600€ estarán repartidos en Bonos de 5€, 10€ e 20€ para poder gastalos en distintos sectores.

Terceira.- Como Participar

En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 20€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e número de teléfono)

Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.

Os tíckets poden ser de negocios asociados distintos ata sumar os 20€.

A data dos tíckets de compra poderá ser dende o venres 10 de Marzo ata a sábado 18 de Marzo.     

Cuarta.- Sorteo

O sorteo realizarase o martes 21 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro.

Comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.