CAMPAÑA DÍA DO PAI
«UNHA EXPERIENCIA EN FAMILIA«
BASES DA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación “Unha experiencia con Papá”.
Segunda.- Como Participar
- A través da App Viveiro CCHV
- Subindo os tickets de compra de calquera dos negocios asociados
- Non hai importe mínimo
- Tickets válidos do 13 de Marzo ó 19 de Marzo de 2024 (ambos incluídos)
- O sorteo será o 20 de Marzo de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP.
- Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS.
- Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao de ambos, non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
Unha “Experiencia en familia” consta dun Bono valorado en 500€ para canxear en Viaxes Arifrán por unha viaxe en familia (Cabárceno, Parque Warner, etc) a escoller destino e datas.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.