CAMPAÑA DE SAN VALENTIN
Déixate Namorar polo Comercio local e gaña uns premios moi amorosos
BASES DE LA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación “Déixate namorar polo comercio local”.
Segunda.- Como Participar
- A través da App Viveiro CCHV
- Subindo os tickets de compra de calquera dos negocios asociados
- Non hai importe mínimo
- Tickets válidos do 2 de Febreiro ó 14 de febreiro de 2024 (ambos incluídos)
- O sorteo será o 15 de Febreiro de 2024 ás 12:00 horas a través da propia APP.
- Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS.
- Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao de ambos, non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
- 2 Ceas románticas por valor de 50€ cada unha, a consumir en calquera dos nosos negocios asociados de hostalaría.
- 1 Masaxe en parexa de 45 min de duración, a desfrutar en SCA Masajes.
- 10 Cócteles do Amor (Mojito de la Pasión) a desfrutar no Gato Pardo Culturpub.
- 5 botellas de espumoso rosado galego “ Brinde de rosas”
- 3 Caixas doces
- O Prazo máximo para canxear ou recoller os premios será o 3 de marzo de 2024
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.