Case 40 establecementos do Centro Histórico participarán os días 6 e 7 de novembro nunha das campañas comerciais máis esperadas da comarca

SHOPPING WEEKEND 6 E 7 NOVEMBRO

Volve a nosa campaña máis esperada por todos vós! Este fin de semana, venres 6 e sábado 7, temos o Shopping Weekend! 20% de desconto en miles de artigos.

¿Quedache sen poder gastar o Bono Comercio? Pois agora tes unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos preto de 40 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, decoración, agasallos, artigos para o fogar, iluminación, ópticas e salóns de peiteado.Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. 

SHOPPING WEEKEND 6 E 7 NOVEMBRO

Trátase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Esta iniciativa enmárcase dentro das accións de dinamización comercial dos Centros Comerciais Abertos, co apoio da Xunta de Galicia.

SHOPPING WEEKEND 6 E 7 NOVEMBRO