SORTEO DE 2.000€ E UNHA VIAXE A NOVA YORK

BASES DA CAMPAÑA

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación  “Sorteo VIVEIRO CONTA E O SEU COMERCIO TAMÉN”  

  • Instalarase a carpa da Asociación na praza Maior do martes 29 de setembro ó sábado 10 de outubro (agás o domingo 4 de octubro), onde se canxearán os tickets das compras nos negocios asociados por rifas para o sorteo.
  • Entregarase 1 rifa por cada 5€ de compra. Tickets válidos dende o 28 de setembro ó 10 de outubro (ambos incluídos)
  • Horario da carpa: de 11 a 13:30h e de 17 a 19:30h.

O sorteo será o sábado 10 de outubro de 2026 ás 20:15 horas na Praza Maior de Viveiro.

Ese mesmo día instalarase unha urna na Praza Maior de 17:00 a 20 horas onde os clientes poderán depositar os números das súas papeletas, quedándose sempre ca matriz da rifa onde figuran os números.

Sortearase tantas veces sexa necesario ata que apareza o gañador.

Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Sortearanse 1 viaxe a Nueva York e 2.000€ en vales de compra repartidos en 2 premios de 500€ e un premio de 1.000€. Os vales de compra serán para gastar nos negocios asociados ata o 30 de novembro de 2026.

O gañador recollerá o premio nas oficinas do CCHV, onde se lles entregará unha lista cos negocios onde se poden gastar os vales.

O viaxe a Nueva York inclúe voos e estancia de 4 noites para 2 persoas cun presuposto máximo de 3.000€. Existe a posibilidade de ampliar máis noites ou optar por viaxar en temporada alta, debendo o gañador aboar a diferenza que supere o presuposto de 3.000€.

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.