Ó COLE CON VOLTA NO CCHV
Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e axudarlles dalgún xeito a facer mais levadeiros os gastos que acarrea.
O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 1 ó 20 de setembro de 2026 (ambos incluídos). Sortearemos a devolución do importe de 5 dos tíckets subidos (ata un máximo de 100€ cada un), axudando deste xeito a que algún dos gastos do gañador ou gañadora poida sairlle gratis.
Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 21 de setembro de 2026 ás 16:00 horas a través da propia APP.
Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ós gañadores para que poidan recoller os premios.
Con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.
BASES DA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación “Ó Cole con Volta, no CCHV”.
Segunda.- Como Participar
- A través da App Viveiro CCHV
- Subindo os tickets de compra de calquera dos negocios asociados
- Non hai importe mínimo
- Tickets válidos do 1 ó 20 de setembro de 2026 (ambos incluídos)
- O sorteo será o 21 de setembro de 2026 ás 16:00 horas a través da propia APP.
- Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS.
- Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao de ambos, non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
Sortearase a devolución de 5 compras de ata máximo 100€ cada unha.
O reintegro realizarase en vales de compra do CCHV para gastar en calquera dos negocios asociados ata o 31/12/26.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.