PRESENTACIÓN DO POLO DE EMPRENDEMENTO: ¿QUE É E QUE PODE FACER POLO MEU NEGOCIO?

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza coa nosa colaboración a charla “Transmisión de negocios no comercio de Viveiro” o mércores 29 de abril ás 16:30 horas, na que presentarán os servicios que presta este organismo a negocios en activo, ós que estén pensando en emprender e tamén a aqueles que están a piques de pechar por xubilación.
O Polo de Emprendemento é unha rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación coa sua contorna, neles atoparás: acompañamento e asesoramento continuado, metodoloxía adaptada a cada proxecto e titorización con profesionais de primeiro nivel.
Tamén se encargan de poñer en contacto a empresas que estén próximas a pechar por xubilación con emprendedores que estén interesados en tomar o relevo. Nesta charla explicarán o seu funcionamento e tratarán a problemática da transmisión de negocios e pormenores do Bono para a Remuda Xeracional.
Está aberto a todo tipo de negocios da Mariña así como emprededores que estén pensando en iniciar unha actividade comercial. É gratuito e tan só deben anotarse no formulario https://polosemprendemento.gal/calendar/remuda-xeracional-no-comercio-de-viveiro
Durante a sesión, explicaranse as distintas liñas de axuda existentes para facilitar o traspaso de actividades económicas, así como as vantaxes de formar parte dunha rede comercial activa e colaborativa. Ademais, presentarase o traballo que se está a desenvolver desde a Rede de polos de emprendemento, ofrecendo acompañamento e asesoramento en cada etapa do proceso.
Tamén haberá un apartado dedicado aos servizos e iniciativas que se están a impulsar no centro histórico de Viveiro para fortalecer o comercio local e dinamizar a zona.
Unha oportunidade única para descubrir novas posibilidades, asegurar o futuro dos negocios de sempre e formar parte do relevo que manterá viva a economía das nosas vilas.
Programa
16:30 h – Recepción de asistentes e benvida
16:40 h – Presentación do Polo de emprendemento a cargo da técnica Belén López Cayón e da actividade do CCH Viveiro pola xerente Isabel Méndez Rivera
17:00 h – Descripción da problemática da transmisión de negocios e pormenores do Bono para a Remuda Xeracional, por Francisco Lago (técnico do Polo de Mondoñedo)
17:45 h – Resolución de dúbidas
18:00 h – Networking – Petiscos