UNHA FOTO DE XERACIÓNS: “NAIS, AVOAS, FILL@S… O MESMO AMOR EN DISTINTAS ETAPAS DA VIDA”

BASES DA CAMPAÑA:
1.- Para conmemorar o Día da Nai, instalarase na Sala Multiusos do Concello un estudio para realizar sesións fotográficas.
2.- O horario será o sábado 2 de maio de 11 a 14h e de 16:30 a 20:30 horas.
3.- O obxectivo é captar as mellores instantáneas de avoas, nais, fill@s, etc, que reflexen a esencia do Día da Nai.
4.- Cada participante poderá escoller e facerse con unha das súas fotos de xeito gratuíto entregando tíckets de compra dos negocios asociados por valor mínimo de 20€. A foto poderase escoller e recoller posteriormente a esas datas nas oficinas do CCHV.
Os tíckets son válidos dende o xoves 23 de abril ata o sábado 2 de maio.
5.- Tódalas fotos serán valoradas por un xurado e aquela que obteña mellor valoración será galardoada con 300€ en vales de compra.
6.- Os vales deberán consumirse antes do 30 de Maio de 2026.
7.- A foto gañadora darase a coñecer o martes 5 de Maio, mediante comunicación telefónica e posterior comunicado na prensa, web, App e Redes Sociais do CCHV.
8.- Tódolos participantes deberán cubrir unha ficha cós seus datos e unha autorización de cesión de imaxes.
9.- As imaxes poderán ser utilizadas pola Asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro na súa web e redes sociais para facer publicidade da campaña.
10.- A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria dos seus datos para a participación na mesma.
11.- A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.