DÍA DO PAI

Primeiro.- Descrición da campaña

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “A Semana de Papá”.  

Sortearase 1 premio cada día dende o 12 ó 18 de Marzo de 2026 subindo os tíckets de compra de cada dia á APP VIVEIROCCH (excepto o domingo 15 ó ser día de peche para o comercio)

Segunda.- Como Participar

Os interesados poderán participar subindo os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados, á APP VIVEIROCCH.

Para o premio de cada día SÓ serán válidos os tíckets dese día. O sorteo realizarase ó dia seguinte descubrindo o premio que corresponda a ese día.

Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Cada día agocha un premio distinto. Sortearase de xeito aleatorio: unha sesión de fotos en familia, un look completo nas tendas de téxtil e calzado, unha cesta de productos Gourmet, un producto tecnolóxico, unha comida /cea en familia e un reloxo.

Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

DÍA DO PAI