RUTA DO COMERCIO CON AMOR
BASES DA CAMPAÑA “RUTA DO COMERCIO CON AMOR”
1º.- Entidade organizadora
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación “A Ruta do Comercio con Amor”, co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes cas compras realizadas no mes de febreiro nos negocios asociados ó CCHV.
2º.- Participantes e Período da Promoción
Poderán participar de xeito gratuíto os maiores de 18 anos que realicen compras / consumicións nos negocios adheridos ó CCHV, un total de 130 negocios.
A campaña comezará o 2 de febreiro e rematará o 19 do mesmo mes. O sorteo será o dia 19 de febreiro.
3º.- Como participar
Os interesados poderán recoller en calquera negocio asociado o “Pasaporte do Comercio con Amor”, onde irán estampados os selos. Por cada compra realizada entre o 2 e o 19 de febreiro en calquera negocio asociado, estamparase un selo en dito pasaporte. O obxectivo é conseguir a maior cantidade de selos de diferentes negocios.
O día 19 de febreiro en horario de 17 a 20 horas instalarase unha carpa na Praza Maior onde haberá dúas urnas diferentes nas que depositar os pasaportes: unha para os que teñan acumulados 5 selos de diferentes establecementos (identificada como “URNA 5 SELOS”), e outra para os que acumulasen 10 selos (identificada como “URNA 10 SELOS”). Cada pasaporte só poderá participar nun único sorteo (5 ou 10 selos) e non se admitirán pasaportes depositados fora do prazo establecido.
5 selos distintos.- (5 premios) Sorteo de 5 sesións de Bono Relax no Thalasso Resort Las Sirenas.
Cada premio inclúe: Circuíto Termal de 90 min (50 minutos de Baño termal marino e 40 min da zona de contrastes, hamman e zona relax) + Masaxe Relax en parella de 50 min (multiesfoliante corporal de area negra e masaxe local)
10 Selos distintos.- (1 premio) Sorteo dunha experiencia nas Burbuxas de “Luzada Skylight Bubbles”.
Inclúe: estancia dunha noite para dous adultos, con jacuzzi exterior, almorzo e algunha sorpresa mais.
5º.- Sorteo
O sorteo realizarase o 19 de febreiro de 2026 ás 20:15h nas oficinas da Asociación. A Xunta Directiva do CCHV extraerá 5 gañadores da urna de 5 selos, e 1 gañador da urna de 10 selos.
O sorteo será gravado para garantir a transparencia do proceso, e posteriormente publicado nas redes sociais do CCHV.
Contactarase telefonicamente cós gañadores nun prazo máximo de 48 horas tralo sorteo. Se non é posible contactar con algún gañador tras tres intentos, procederase a extraer un novo pasaporte suplente.
6º.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
7º.- Protección de datos e Privacidade
Dacordo co RGPD e a normativa vixente:
– Finalidade: Os datos recollidos nas papeletas utilizaranse exclusivamente para xestionar a participación no sorteo e comunicar o premio ós gañadores.
– Almacenamento: Os datos non se incorporarán a ningunha base de datos nin serán automatizados.
– Custodia e Destrución: As papeletas serán custodiadas de xeito seguro pola Asociación ata a realización do sorteo. Unha vez finalizado o evento e entregados os premios tódalas papeletas non premiadas serán destruídas de forma inmediata e segura.


