Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación  Sorteo de 3 soldos de 1.200€.  

Os negocios asociados entregarán cas compras as papeletas cos números para o sorteo, dende o 26 de decembro de 2025 ata o 4 de xaneiro de 2026 (ambos incluídos)

O sorteo será o 4 de xaneiro de 2026 ás 21:15 horas na Praza Maior de Viveiro.

Ese mesmo día instalarase unha urna na Praza Maior de 17:00 a 21 horas onde os clientes poderán depositar os números das súas papeletas, quedándose sempre ca matriz da rifa onde figuran os números.

Sortearase tantas veces sexa necesario ata que aparezan os 3 gañadores.

Tódalas papeletas deberán ir seladas polo comercio que as entregan. En caso contrario serán invalidadas.

Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Sortearanse 3.600€ en premios, repartidos en 3 premios de 1.200€ cada un, que serán entregados ós gañadores tódolos meses durante o ano 2026 a razón de 100€ ó mes. 

O valor dos premios será entregado en Vales de compra do CCHV para gastar en negocios asociados.

O gañadores recollerán os premios mes a mes nas oficinas do CCHV, onde se lles entregará unha lista cos negocios onde se poden gastar os vales.

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.