SIN ESPERAS NIN SORPRESAS…MERCAS E XA O LEVAS

O MELLOR BLACK FRIDAY

Dende o xoves 27 ata o sábado 29 de Novembro poñemos en marcha a campaña “O Mellor Black sin esperas nin sorpresas, mercas e xa o levas”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Serán 35 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías e salóns de peiteado.

Unha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 35 comercios participantes na campaña e desfrutar de multitude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 70% nalgúns casos.

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito é moi sinxelo identificar  aqueles locais nos que se poderá desfrutar da campaña de descontos.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días.

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.

Os locais participantes e as suas promocións son:

O MELLOR BLACK FRIDAY