Os establecementos participantes serán todos os negocios asociados ó CCHV adheridos á campaña.
COMO PARTICIPAR:
Os rascas poderanse encontrar nos establecementos participantes a partir do 5 ó 31 de Maio.
Os comercios terán a disposición dos seus clientes, pequenas tarxetas (rascas) para entregárllelos por cada compra ou consumición realizada. A tarxeta terá un oco no que rascando, poderás atopar o premio correspondente “vale por… “ ou a frase “Rasca sen premio”.
Cada negocio establecera o criterio polo cal entregará o número de rascas por cada compra.
As tarxetas deberan estar debidamente seladas na parte posterior do rasca polo establecemento que as entrega.
PREMIOS:
Os premios poderanse canxear ata o 31 de Maio (data máxima). E poderanse desfrutar segundo o indique cada establecemento doador dos premios.
Todos os establecemento participantes entregarán premios.
Os rascas premiados, cobraranse no establecemento que doou o premio.
O período de reclamación dos premios comeza o mesmo dia 5 de maio e finaliza o 31 de maio de 2025. Aqueles rascas que a esa data non foran canxeados considerarase caducados e non poderán ser canxeados fora de prazo.
Os rascas premiados son independentes e non acumulables, pero unha mesma persoa poderá recibir mais de un rasca premiado.
NORMAS DE PARTICIPACION:
Debido a natureza desta campaña, poderá participar calquera cliente dos establecementos adheridos maiores de 18 anos
A organización reservase o dereito de revisión no caso de detectar conductas ou patróns extraños nos rascas ou nos canxes.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello. Declaro haber leído, comprendido y aceptado con consentimiento válido las Condiciones Generales de Uso. Declaro haber leído, comprendido y aceptado con consentimiento válido laPolítica de Privacidad y el tratamiento de los datos personales.AceptarCondiciones de Uso