O sabado 9 de Setembro ás 19:30 horas nos xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) terá lugar a representación da obra “Os Ladróns son Xente Honrada” da man da compañía A ADALA FUTURA, de foz.

A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival.

Nesta ocasión, a compañía Adala Futura  representará Os ladróns son xente honrada,  unha obra de creación propia.

Trata duns ladróns moi golosos que entran a roubar lambetadas na casa dunha diva.  A policía que lles segue a pista, acaba por atopalos nesta casa pero non é o único que atopan… O inspector e a diva namóranse, aparece unha frauta máxica cunha maldición que a diva decide romper…Pero se queres saber máis, a obra terás que ver.

Os ladróns son xente honrada é unha proposta para tódolos públicos que se poderá desfrutar a partir das 19:30 horas nos xardíns Noriega Varela e que terá unha duración aproximada dunha hora.

No caso de que ameace choiva a representación trasladarase á Sala do Conservatorio de Música.

TEATRO NA RÚA