Estás aquí: Inico Blog
23 Octubre 2018

Bodas y algo más 2018

23 Abr
2018
Posted in Blog
por

Así fue la feria Bodas y algo más, celebrada durante los días 6, 7, y 8 de Abril de 2018. Una feria divertida y dinámica en la que 30 expositores ofrecieron lo mejor en ofertas, propuestas, y asesoramiento profesional para organizar una boda o evento únicos.

Fotografías cortesía de Carlos Fotógrafos.

Semana Santa 2018

23 Mar
2018
Posted in Blog
por

VISITAS GUIADAS INTRAMUROS 2018

Por octavo ano consecutivo, e dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, no ano 2018 volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez e en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro.  

Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuito.  

O obxetivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de Galiza. A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva... Descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da Comarca.  

As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, Historiador e guía de turismo oficial. Colaborador en varios medios en asuntos de turismo e historia de Galicia. Guía do Concello de A Coruña e guía na Semana Santa de Viveiro dende o 2010.

Horarios:  

Luns 26, martes 27 e mércores 28 de Marzo.- ás 18:00 horas

Xoves Santo, 29 de Marzo.- ás 12:00 horas

Venres Santo, 30 de Marzo.- 13:00 horas

Sábado de Gloria, 31 de Marzo.- ás 17:30 horas

Domingo de Resurrección, 1 de Abril.- ás 13:00 horas

O sábado 24 de Marzo ás 12:00 horas terá lugar na Praza Maior de Viveiro a presentación dos distintos itinerarios e o programa completo das visitas guiadas da man do propio guía Xesús Martinez.

APERTURA XOVES SANTO

O comercio de Viveiro abrirá as suas portas o festivo de Xoves Santo, así se dicidiu por maioria dos negocios. A apertura será de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas que é o horario especial dos días festivos.

Día del Padre 2018

23 Mar
2018
Posted in Blog
por

BASES CAMPAÑA DIA DO PAI 2018 “UNHA CARICATURA CON PAPÁ”

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Descrición da campaña

Con motivo do Día do Pai, un caricaturista realizará caricaturas de Pais e fill@s en directo (se os rapaces son menores de idade participarán ca autorización expresa do pai). Tamén se poderán facer versións de distintas xeraciós, é dicir, Avó, fillo e neto, Avó e neto, etc.

O obxetivo é captar as imaxes máis divertidas de avós, pais, fill@s, etc, que reflexen a esencia do Día do Pai.  

Segunda.- Cómo Participar

O sábado 17 de Marzo instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11  a 14 horas.

Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 50€.

Permitirase a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 50€.

A data dos tíckets de compra poderá ser dende o sábado 10 de Marzo ata o sábado 17 de Marzo.

Realizaranse as caricaturas por estricto orde de chegada, unha vez comprobada a validez do ticket (negocio asociado, data e importe).

Caricaturas limitadas á validez dos tickets e horas de traballo contratadas.

A caricatura entregarase ós participantes de xeito gratuito. 

Noticia patrocinada por

a plaza

A Plaza Cervecería