Estás aquí: Inico Blog
20 Agosto 2017

A gañadora do concurso do Dia da Nai 2014 foi Yaiza Pérez Vidal cun regalo moi doce da Pastelería Fontenova, concretamente unha caixa de bombóns e un cupcake en forma de macetero con frores feitas en foundant.

 

Dia da Nai 2014

20 Abr
2017
Posted in Blog
por

Merca no comercio asociado e poderás gañar 300€


BASES CAMPAÑA “¿CAL É O TEU REGALO PARA MAMÁ?”



É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, as presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no concurso persoas de calquera idade.

Segunda.- Temática

O concurso, organizado pola Asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro, ten como temática a celebración do Día da Nai. A campaña leva por título “¿Cal é o teu regalo para mamá?”. Os participantes deberán enviar unha foto co regalo que compraron para o día da nai nun dos comercios asociados ó CCCHV.

Terceira.- Cómo Participar

Sacando unha foto ó regalo mercado para o día da nai indicando onde se mercou, e pódese enviar polos seguintes medios:

1.- Por correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

2.- A través da web www.viveirocentro.com

3.- A través do perfil social da Asociación no Facebook.

4.- O prazo de envío será dende o 25 de abril de 2014 ata o 5 de maio de 2014 ás 17 horas.

5.- Cada participante deberá informar do seu nome, apelidos e teléfono de contacto.

6.- A Asociación de comerciantes analizará todas e cada unha das imaxes e textos recibidas antes de expoñelas na Web, redes sociais e medios de comunicación. O participante acepta que os seus traballos sexan visibles en todos estes medios.

7.- A cada foto recibida asignaráselle un número que será co que participe no sorteo. Éste realizarase o luns 5 de maio ás 17:30 horas nas oficinas da Asociación.

Cuarta.- Premio

Concederanse 1 premio en vales de compra do CCCHV por valor de 300€.

O Premiado disporá dun prazo de 15 días, dende a notificación para recoller o seu premio. Transcorrido o prazo entenderase que renuncia ó premio sen que exista compensación algunha por dita renuncia.

Os vales terán unha data de validez dende o 06/05/14 ó 06/07/14, e poderanse canxear cas compras realizadas en calquera dos comercios asociados ó CCCHV.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

O CCCHV no momento de otorgar ó gañador o Premio, recadará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

Sexta.- Obra

Non se aceptarán fotomontaxes, nin fotos que foran premiadas con anterioridade.O participante responsabilizase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas fotos presentadas.Non se aceptará ningún texto/imaxe que sexa contrario á legalidade vixente.

Para ir abriendo boca os mostramos las tapas de los 11 locales participantes en esta III edición. Desde la más tradicional a la más innovadora y vistosa. Para todos los gustos, carnes, pastas, pescados, verduras, frutas... todo tiene cabida en esta ruta gastronómica. Mini cocina y mini precio.

Noticia patrocinada por

Futures

Gadis